1
Cal é a miña delegación máis próxima?
Para descubrir cal é a súa delegación máis próxima vaia ao apartado Localízanos. Unha vez alí, introduza o seu código postal ou faga clic no mapa para obter a lista das axencias Tourline Express existentes na súa zona de interese.
Ocultar
|
2
Como podo realizar un envío?
Para realizar o seu envío deberá poñerse en contacto coa súa delegación máis próxima. Alí informarano sobre as condicións relativas a como tramitar o seu envío.
Ocultar
|
3
Como podo realizar unha recollida?
Pode solicitarlle unha recollida telefonicamente de luns a venres á súa axencia Tourline Express máis próxima. O horario máximo de recollida debe consultalo coa delegación, xa que depende da zona xeográfica.
Ocultar
|
4
Canto me custa facer un envío?
O importe dun envío sempre dependerá do destino, o peso e a súa medida. Para os envíos nacionais, debe ir ao apartado "Servizos - Cálculo de Tarifas" e alí deberá introducir os detalles relativos ao vulto que queira enviar.
Ocultar
|
5
Podo facer un envío con reembolso?
No caso de servizos nacionais e Portugal si pode facelo. Un envío con reembolso permítelle a xestión do cobramento do valor da mercadoría no destino. Fíxase unha comisión do 5 % sobre o importe do total xestionado, cun mínimo de 3,40 € nesta.
Ocultar
|
6
Como se efectúa o pagamento dun servizo?
Para os nosos clientes abonados, emítese unha factura mensual. En cambio, se non dispoñen de conta de subscritor, o pagamento debe ser en efectivo no momento de deixar o envío na delegación ou cando se realiza a entrega do servizo.
Ocultar
|
7
Como podo informarme dos distintos servizos?
Para informarse dos distintos servizos que ofrece Tourline Express, pode acceder ao apartado "Servizos Nacionais" e "Servizos Internacionais". Alí atopará toda a información relevante sobre as diferentes opcións de envío das que dispón.
Ocultar
|
8
Que servizos a empresas ofrecemos?
Tourline Express dispón dunha extensa rede de comerciais que lle ofrecerán as solucións de transporte urxente que mellor se adecúen ás súas necesidades. Se o desexa, pode cubrir o formulario "Solicitude de orzamento" e a súa oficina Tourline Express máis próxima contactará con vostede o antes posible.
Ocultar
|
9
Pódese recoller a mercadoría directamente nunha oficina Tourline Express?
O noso servizo inclúe tanto a recollida como a entrega en domicilio. Con todo, o cliente pode contratar o servizo de "Recollida en axencia". Deste modo, poderá retirar o seu envío cando mellor lle conveña na súa oficina Tourline Express máis próxima.
Ocultar
|
10
Que horario teñen as oficinas Tourline Express?
O horario de apertura e pechamento das oficinas é de 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. O horario de oficina en sábados é de 8:30 a 11:00 horas. O horario de verán nos meses de xullo e agosto é de 8:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas, e o horario en sábados é de 8:30 a 11:00 horas.
Ocultar
|
11
Que acontece se estamos ausentes no momento de entregar un envío?
Se no momento da entrega se atopa ausente, o mensaxeiro deixará unha nota de aviso cun teléfono de contacto para que poida chamar e concertar unha nova entrega do seu paquete. Se o desexa, pode utilizar o servizo de confirmación de entrega vía SMS ou correo electrónico e, se así o solicita, informarémolo dos diferentes estados do seu envío.
Ocultar
|
12
Cal é o límite de peso e medida para un vulto?
No caso de servizos nacionais, o límite máximo por vulto fíxase en 40 kg. A suma da altura, a anchura e o fondo da mercadoría non poderá ser superior a 240 cm, agás que un dos seus lados non supere os 10 cm, en cuxo caso a suma dos lados non deberá exceder dos 320 cm.
Nos servizos internacionais, a tarifa dos paquetes voluminosos pero lixeiros fixarase polo seu peso volumétrico, é dicir, polo espazo que ocupen, máis que polo peso que teñan. Isto é aplicable a todos os envíos. Para calcular o volume do envío en metros, débese multiplicar a lonxitude pola altura e pola anchura. Para os servizos Global Express, 9:00 Express e 12:00 Express, o factor de conversión volumétrica será de 167. Para os servizo Economy e Francia (13 h e 18 h), de 333.
Ocultar
|
13
Pódese asegurar a mercadoría?
Pode consultar as condicións da Cobertura Interna Tourline Express no apartado de Condicións Xerais da nosa páxina web.
Ocultar
|
14
Como podo abrir unha franquía con Tourline Express?
No apartado ''Ser franqueado'' da nosa web poderá informarse sobre as condicións necesarias para abrir unha franquía Tourline Express. Ademais, poderá consultar aquelas zonas dispoñibles así como aquelas oficinas que se atopan actualmente en traspaso. Para facernos chegar os seus datos de contacto, pode cubrir o formulario que atopará na mesma sección, enviar un correo electrónico a franquicia@tourlineexpress.com ou chamar ao teléfono de Atención ao Cliente 902 34 33 22.
Ocultar
|
15
Como podo ser Punto de Entrega e Recollida?
No apartado "Únete a nós" ofrecémoslle a posibilidade de acoller no seu establecemento un dos nosos puntos de entrega e recollida, o que lle permitirá ofrecer outro servizo de gran rendibilidade, ademais de todos os servizos que xa lles ofrece aos seus clientes. Para facernos chegar os seus datos de contacto, pode encher o formulario que atopará na mesma sección.
Ocultar
|
|
16
Como podo facer o seguimento dun envío?
|
17
Cal é a mellor embalaxe para o meu envío?
Cada tipo de produto, pola súa condición e características, require dunhas necesidades de embalaxe e protección diferentes. Unha embalaxe axeitada garantirá a protección do seu envío ata o lugar de destino. É responsabilidade do cliente o correcto empaquetado do envío.
Tourline Express pon ao seu enteiro dispor unha ampla gama de embalaxes pensadas para protexer os seus envíos.
Catálogo de embalaxes Tourline Express
Ocultar
|